A noite de San Xoán, o 24
de xuño, é hoxe unha das festas máis ricas en lendas,
supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura.
Antes de ser cristianízada, era unha relixión popular na que os
espíritus do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na
percura dalgunha victima.
Pretender sabe-la oríxe desta liturxia sería perderse nos estadios máis
ancestrais da vida mesma. Quizáis poderíase remontar ás civilizacións
prehistóricas e sobre todo dende que o home se decata do movemento de
translación ó redor do sol que anualmente recorre o noso planeta. Dita
observacián puido ser consolidada cando a humanidade logrou "domesticar"
o lume.
0 dia no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dase o 21 de xuño ,
fenômeno natural coñecido como "solsticio vernal ou de verán". A
partir de entón, o tempo da claridade solar vai diminuindo paseniñamente
ate o solsticio "hienal ou invernal" no día de San Silvestre. De
seguido, a luz diurna vai "increscendo" ata repeti-lo ciclo .
Segundo a definía don Eladio Rodríguez Gónzalez no seu Breviario
enciclopédico: "Na noite de San Xoán parecen realizarse tódalas
marabillas. Acéndense nas cidades, vilas e aldeas as tradicionais
lumeiradas, arredor das
cales canta a mocidade, baila e brica por riba das chamas; pasan logo os
gandos para que reciban o orballo de San Xoán, cando xa as fogueiras
esmoreceron, facendo que as redes reciban o remol aínda fumegante;
póñense ó relento herbas e plantas recendentes, mergulladas en auga, e
nesta auga sandadora lávase á mañá seguinte toda a familia, na
crenza de ver curadas as erupcións do cute que padecen; tómanse ás doce
da noite as nove ondas do mar polos que viven preto; non poucas
persoas acoden á praia máis cercana, malia teren que percorrer unha
distancia de dúas a tres légoas para recibi-las salutíferas ondas;
chimpándose nove veces ó río os ribeiráns do Miño ó dálas doce da noite,
cren que esas ablucións lles serán beneficiosas.
As mozas solteiras botan a clara e a xema dun ovo nun vaso con auga, que
poñen ó relento para observar ó saí-lo sol as formas caprichosas que
adoptou o contido e deducir diso a profesión ou oficio que terá o
desexado noivo ou o futuro esposo; hai quen cre que as meigas aproveitan
a noite de San Xoán para dirixirse polos aires ós seus conciliábulos de
Sevilla ou do noso areal de Coiro; e tales virtudes salutíferas e
purificadoras teñen as augas nesta noite única, que tamén posúen
facultades prolíficas para a moza que acade coller a chamada Flor da
auga fría. En non poucas aldeas galegas moitas persoas adoitaban
madrugar para ver por un cristal afumado como o sol nace bailando na
madrugada dese día vizoso en prodixios. A mocidade das aldeas,
aproveitando as sombras, dedícase a cambiar de sitio e saca-las cancelas
dos seus gonzos, os carros, os apeiros de labranza e tódolos enseres que
poden levar duns sitios a outros máis ou menos afastados; deste xeito
aparecen pola mañá na eira dun veciño o que estaba recollido no alpendre
doutro; e así trasladaban á Veiga vella os efectos dun veciño da Veiga
nova; e aínda atrancan as portas de moitas casas para que os moradores
non poidan saír doadamente delas. Nas poesías dos trobadores medievais
fanse referencias adoito a estes costumes que xa entón eran propios de
noite e de día tan sinalados".
Fonte: http://www.galiciaespallada.com.ar/festa_de_san_xoan.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario